Chutney de mango

Ingredientes:

500 g de mango pelado e cortado (dúas pezas grandes), 150 ml de vinagre de viño branco, 200 g de azucre branco, 100 g de azucre moreno, 1 cebola mediana, 35 g de uvas pasas, 10 g de améndoas en láminas, 1 dente de allo, 9 g de xenxibre fresco, 8 cravos de olor, unha culleriña de pementa de Xamaica, 1 chile pequeno sen pebidas, media culleriña de canela en po, media culleriña de xenxibre en po, media culleriña de noz moscada en po, media culleriña de sal.





Elaboración:


  1. Cortar a cebola en xuliana. Picar o allo.
  2. Poñer nunha tarteira todos os ingredientes agás o mango.
  3. Cocer a lume lento e remexendo de vez en cando.
  4. Cando a cebola estea case feita engadir o mango e seguir cocendo a lume lento e remexendo durante, aproximadamente, media hora.
  5. O chutney ten que ter consistencia de marmelada cos anacos de mango bastante enteiros.

Suxestións: Serve de acompañamento para queixos e carnes como o polo.

Dificultade: Fácil.
Tempo aproximado: 1 hora e media

Comentarios