Verdinas de Lourenzá con langostinos e mexillóns

Ingredientes:

500 g de verdinas, 1 cebola mediana, 1 allo porro mediano, 8 langostinos, 20 mexillóns (ou 15 se son grandes), 25 ml de brandy, 4 culleres de tomate natural, azafrán, aceite de oliva virxe extra, sal.




Elaboración:


  1. Poñer a noite anterior as verdinas a remollo, cubertas de auga.
  2. Poñer os mexillóns nunha tarteira a lume suave para abrilos co seu vapor. Cando estean cocidos reservar a auga que soltaron pasándoa por un coador.
  3. Pelar os langostinos e facerlles un corto ao longo do lombo para quitarlles a tripa, reservar as colas e as cabezas.
  4. Picar a cebola e o allo porro e poñelos nunha tixola cun pouco de aceite e deixar que se fagan a lume suave ata que estean transparentes.
  5. Engadir as cabezas dos langostinos á tixola e aplastalas para que solten os xugos.
  6. Engadir o brandy á tixola e flambear. Engadir o tomate, o azafrán e uns 200 mml da auga que soltaron os mexillóns. Deixar facer a lume lento uns 15 minutos.
  7. Triturar o contido da tixola na batedora e despois pasar o puré por un coador. Reservar.
  8. Poñer as verdinas nunha tarteira e cubrir con auga ata dous dedos por riba das fabes.
  9. Cando empecen a ferver engadir o puré feito coas cabezas de langostinos.
  10. Deixar cocer remexendo de vez en cando. Á media hora engadir a carne dos mexillóns picados ou enteiros ao gusto.
  11. Se é necesario ir engadindo un pouco máis de auga ata que as fabas estean feitas (1 hora aproximadamente).
  12. Cando xa estean cocidas probar para rectificar de sal.
  13. Ao apagar as verdinas introducir as colas de langostinos nas fabas, deixar repousar uns minutos e servir.



Dificultade: Media.
Tempo aproximado: 2 horas.

Comentarios