Biscoito de fariña milla

Ingredientes:

125 g de manteiga a temperatura ambiente, 125 g de fariña milla, 175 g de azucre, 4 ovos, 1 culleriña de lévedo químico.




Elaboración:

  1. Acender o forno a 180ºC.
  2. Separar as xemas das claras dos catro ovos.
  3. Bater as claras ata que estean a punto de neve.
  4. Bater a manteiga co azucre ata ter unha crema homoxénea.
  5. Engadir as xemas á crema de manteiga e azucre, bater ata que estean ben incorporadas.
  6. Engadir á mestura anterior a fariña e o lévedo remexendo ata que estean ben incorporados.
  7. Engadir á mestura anterior as claras a punto de neve remexendo suavemente para que non baixen.
  8. Botar a mestura nun molde de cake e meter no forno durante 40 minutos.
  9. Antes de sacar do forno comprobar que o biscoito estea feito pinchándoo cun coitelo, se está feito o coitelo debe saír limpo.
  10. Deixar arrefriar antes de sacar do molde.


Dificultade: Fácil.
Tempo aproximado: 1 hora

Comentarios