Alcachofas con xamón

Ingredientes:

8 alcachofas frescas, 100 g de xamón ibérico, 2 dentes de allo, sal, aceite de oliva virxe extra, 1 límón.





Elaboración:

  1. Limpar as alcahofas quitándolles as follas duras e cortando a punta. Cortar os corazóns de alcachofa en cuartos, a medida que se limpan e cortan ir poñéndoas alcachofas nun recipiente con auga e o zume do limón, para que non se oxiden.
  2. Poñer a ferver auga con sal para cocer as alcachofas.
  3. Pelar e cortar os dentes de allo en láminas e poñelos nunha tixola cun pouco de aceite. Facer os allos a lume lento.
  4. Cortar o xamón en tiras finas, engadir á tixola cos allos.
  5. Cando as alcachofas estean cocidas sacalas da auga e deixalas escorregar.
  6. Engadir as alcachofas á tixola, remexer ata que collan temperatura.




Suxestión: Pódense servir acompañadas de salsa maionesa ou alioli.

Dificultade: Facilísima.
Tempo aproximado: 30 minutos

Comentarios