Ensalada de bacallau afumado

Ingredientes:

150 g de bacallau afumado cortado en talladas moi finas, 150 g de brotes de leitugas variadas, 2 laranxas, 1 granada, 50* ml de aceite de oliva virxe extra arbequina, o zume de medio limón, sal.

* as cantidades de aceite e zume de limón son aproximadas, usar máis ou menos ao gusto


Elaboración:

  1. Pelar as laranxas "ao vivo" para quitarlles toda a parte branca.
  2. Debullar a granada.
  3. Poñer todos os ingredientes nunha fonte axeitada.
  4. Engadir sal ao gusto.
  5. Mesturar o zume de limón e o aceite, baténdoos para emulsionar.
  6. Botar o aliño por enriba da ensalada.

Dificultade: Facilísima.
Tempo aproximado: 15 minutos.

Comentarios