Crema de coliflor con cabaza e aceite de perexil

Ingredientes:

Para a crema:
350 g de coliflor, 500 g de auga, 1/2 dente de allo pequeno, 30 g de aceite de oliva virxe extra suave, sal, 100 g de cabaza, 80 g de flores de coliflor.
Para o aceite de perexil:
20 follas de perexil, 40 g de aceite de oliva virxe extra suave, sal.




Elaboración:

  1. Poñer a ferver a auga, cortar a coliflor en láminas finas e cando a auga ferva botala á tarteira e deixala cocer 7 minutos.
  2. Retirar do lume, engadir o aceite, o sal e o allo cortado en láminas finas.
  3. Pasar todo pola batedora ata ter unha crema suave. Reservar.
  4. Poñer os ingredientes do aceite de perexil na batedora e triturar. Coar o aceite e reservar.
  5. Cortar a cabaza en dados pequenos.
  6. Cortar as flores de coliflor en anacos pequenos.
  7. Cocer ao vapor os anacos de cabaza e coliflor.
  8. Para servir poñer nun prato a crema quente e os anacos de cabaza e coliflor ao vapor, engadir unhas pingas do aceite de perexil.



Receita adapatada do libro: "Recetas antiaging" de Carme Ruscalleda, Raül Balam, Dr. Manuel Sánchez

Dificultade: Facilísima.
Tempo aproximado: 30 minutos.