xoves, 19 de decembro de 2013

Bacallau con coliflor

Ingredientes:

Un lombo de bacallau* cortado en anacos duns 5 cm de lado, coliflor, 6 patacas medianas, 3 dentes de allo, aceite de oliva virxe extra, sal pementa, pemento doce moído, 2 culleres de aceite de oliva virxe extra de variedade suave (Arbequina, Koroneiki), 100 ml de leite.
*Para seis comensais uns 800 g.




Elaboración:


  1. Nunha tarteira, suficientemente grade para que entre todo o bacallau sen montarse os trozos, poñer o aceite e os dentes de allo cortados a metade, deixar facer a lume moi suave, os allos non teñen que coller cor.
  2. Cando os allos estan feitos engadir os anacos de bacallau sen montalos, deixar que o bacallau se confite mantendo o lume moi suave.
  3. Cocer as patacas peladas, con auga e un pouco de sal.
  4. Separar flores de coliflor máis o menos do mesmo tamaño e cocer ao vapor.
  5. Cando as patacas estean cocidas pasalas a un recipiente e machalas cun garfo, engadir o leite, rectificar de sal e remexer.
  6. Engadir ao puré de patacas pementa negra moída e o aceite de oliva de variedade suave, remexer e reservar quente.
  7. Cando o bacallau estea feito retirar un pouco de aceite da tarteira. Engadirlle ao aceite pemento doce, reservar.
  8. Poñer en cada prato puré de patacas, un ou dous anacos de bacallau e varios anacos de coliflor, botar por enriba a allada (aceite co pemento doce).






Dificultade: Fácil
Tempo aproximado: 1 hora