Tortiñas de champiñóns

Ingredientes:

Para 6 moldes de 10x5 cm

Para a masa60 g de fariña Schär Mix C, 40 de améndoa moída, 57 g de manteiga moi fría, 30 g de queixo parmesano relado, 1 culleriña de sal, 2 culleriñas de liño dourado moído, 4 culleriñas de auga fervendo, 2 culleres de auga xeada, 1 ovo.

Para o recheo: A metade da parte branca dun allo porro, 6 champiñóns grandes, aceite de oliva virxe, 2 talladas de xamón serrano picado, pementa negra moída, sal, 1 culler de maizena, 150 ml de leite.





Elaboración:

Para a masa

  1. Mesturar as 2 culleriñas de liño coas 4 culleriñas de auga fervendo, remexer e reservar.
  2. Mesturar a fariña a améndoa, o queixo parmesano,o sal e a pasta de liño e auga.
  3. Poñer na batedora de variñas e mesturar os ingredientes anteriores.
  4. Engadir a manteiga moi fría en anacos.
  5. Bater ata que a mestura teña aspecto de area.
  6. Engadir a auga xeada aos poucos ata que a masa se separe das paredes do recipiente.
  7. Forrar moldes desmontables coa masa, facendo unha capa fina, e metelos na neveira 15 ou 20 minutos.

Para o recheo

  1. Picar o allo porro moi fino, poñelo nunha tixola cun pouco de aceite e deixar que se faga a lume lento.
  2. Cando o allo porro estea case feito engadir o xamón picado, remexer e deixar que se sigan cociñando.
  3. Picar os champiñóns en anacos moi pequenos.
  4. Engadir os champiñóns á tixola remexer e deixar facer a lume lento.
  5. Disolver a maizena na metade do leite.
  6. Cando os champiñóns estean case feitos engadir a maizena disolta en leite, remexer e engadir o resto do leite aos poucos ata que teña unha consistencia cremosa, rectificar de sal e engadir a pementa.

Montaxe

  1. Acender o forno a 180ºC.
  2. Sacar os moldes da neveira, pinchar a masa cun garfo para que non suba.
  3. Meter os moldes no forno uns 10 minutos ou ata que collan cor.
  4. Sacar os moldes do forno e enchelos coa crema de champiñóns.
  5. Bater o ovo e pintar a crema de champiñóns dos moldes.
  6. Meter os moldes no forno a gratinar ata que estean dourados por enriba.
  7. Sacar do forno desmoldar e servir.




Suxestión: servir acompañadas dunha ensalada variada e champiñóns crus cortados mi finos.

Dificultade: Media.
Tempo aproximado: 1 hora e media

Comentarios