Polbo guisado con patacas

Ingredientes:

Para 6 comensais 
1 polbo de 2 kg cocido, 2 ou 3 cebolas, 4 ou 5 pementos do "piquillo", 15 patacas pequenas, pemento moído doce, pemento moído picante, aceite de oliva virxe, sal, 300 ml de viño branco.




Elaboración:

  1. Se o polbo é fresco conxelalo durante, polo menos, dous días.
  2. Poñer unha tarteira ao lume con auga suficiente para cubrir completamente o polbo.
  3. Cando a auga está fervendo de seguido meter e sacar o polbo nela por tres veces.
  4. Despois da terceira vez deixar o polbo na auga fervendo durante 40 minutos, coa tarteira tapada.
  5. Pinchar cun mondadentes na parte máis gorda para comprobar que está feito.
  6. Mentres se coce o polbo picar as cebolas en anacos pequenos.
  7. Poñer as cebolas nunha tarteira cun pouco de aceite e deixar que se fagan ao lume lento.
  8. Cando a cebola estea case feita engadir os pementos do "piquillo" cortados en anacos pequenos, remexer e deixar que se cociñen ao lume lento.
  9. Engadir as patacas peladas, remexer, engadir o viño, o sal e auga suficiente para cubrir ás patacas.
  10. Cando o polbo estea feito sacalo da auga e cortalo.
  11. Engadir os anacos de polbo á tarteira das patacas cando estas xa estean feitas.
  12. Corrixir de sal. Engadir pemento moído doce e picante ao gusto.
  13. Deixar ferver ao lume moi lento ata o momento de servir.


Dificultade: Fácil.
Tempo aproximado: 1 hora e media.

Comentarios