Pescada fritida con pementos vermellos

Ingredientes:

1 lombo de pescada, 2 ovos, fariña PAN, 300 g de pemento vermello en conserva, 1 dente de allo sal, aceite de oliva virxe extra.




Elaboración:

  1. Cortar o lombo de pescada en anacos duns 5 cm, salgar a pescada.
  2. Poñer, ao lume, nun cazo un pouco de aceite e o dente de allo cortado en láminas.
  3. Cando o allo empece a facerse engadir os pementos cortados en tiras, engadirlles un pouco de sal, remexer e deixar facer ao lume suave.
  4. Poñer aceite a quentar nunha tixola.
  5. Pasar os anacos de pescada pola fariña e o ovo batido, cando o aceite estea quente fritir os anacos de pescada.
  6. Servir a pescado xunto cos pementos.






Dificultade: Facilísima
Tempo aproximado: 30 minutos

Comentarios