xoves, 14 de novembro de 2013

Flan de pementa de sichuan e cardamomo

Ingredientes:

*125 g de nata, 125 g de leite, 50 g de azucre, 3 xemas de ovo, 1 ovo, 7 g de pementa de sichuan, 10 vainas de cardamomo. Para o caramelo: 100 g de azucre moreno, 150 g de auga.
*Para 6 seis flans pequenos.



Elaboración:

  1. Poñer a quentar o leite e a nata.
  2. Cando estean a punto de ferver engadir a pementa de sichuan e as vainas de cardamomo abertas.
  3. Deixar infusionar durante 20 minutos.
  4. Bater o ovo e as xemas co azucre, engadirlles a infusión de leite e nata cando estea morna.
  5. Acender o forno a 180ºC poñendo unha bandexa con auga.
  6. Facer o caramelo poñendo o azucre e a auga a ferver a lume suave ata que estea viscoso.
  7. Botar caramelo no fondo dos moldes movéndoos un pouco para que o caramelo molle as paredes.
  8. Coar a mestura de ovos e leite e repartila nos moldes.
  9. Meter os flans no forno, ao baño maría, e deixalos durante 20 minutos. Comprobar que estean callados metendo un coitelo nun dos flans, se sae limpo é que xa están feitos.
  10. Sacar do forno e deixar arrefriar.
  11. Para sacalos dos moldes pasar un coitelo polo bordo.


Dificultade: Fácil
Tempo aproximado: 1 hora e 15 minutos.