Boliños de millo e arroz

Ingredientes:

120 g de fariña milla, 120 g de fariña de arroz, 1 culleriña de lévedo químico, 1/2 culleriña de sal, 25 g de liñaza moída, 350 g de auga, 4 culleres de aceite de oliva virxe extra, 1/2 culleriña de vinagre, sementes de papoula.





Elaboración:


  1. Acender o forno a 230ºC.
  2. Quentar a metade da auga e engadila á liñaza, remexer e deixar repousar ata que a mestura quede xelatinosa.
  3. Mesturar todos os ingredientes secos agás as sementes de papoula.
  4. Engadir o vinagre, o aceite e o resto da auga á mestura de liñaza.
  5. Ir engadindo a fariña aos líquidos pouco a pouco, remexendo cun batedor de man. Cando a masa xa estea densa remexer cunha culler.
  6. Poñer a masa sobre a bandexa do forno forrada con papel, facendo os boliños do tamaño e forma desexada.
  7. Botar sementes de papoula por enriba dos boliños.
  8. Meter ao forno, na parte alta durante uns 25 minutos., ata que estean torrados.
  9. Sacar do forno e deixar arrefriar.



Adaptada de Más allá del gluten..


Dificultade: Fácil
Tempo aproximado: 1 hora.

Comentarios