Torta de crema espinacas e piñóns

Ingredientes:

Para a base
300 g de fariña se glute Beiker, 150 ml de aceite de xirasol, 200 ml de viño branco, sal.

Para a crema
500 g de espinacas, 4 talos de allo, 50 g de maizena, 1/2 litro de leite, sal, pementa negra moída, noz moscada relada, aceite de oliva virxe extra, 1 presa de piñóns, queixo parmesano relado.





Elaboración:

Base
  1. Mesturar todos os ingredientes, amasar e estirar a masa para cubrir o molde, reservar no frigorífico.

Recheo
  1. Poñer un pouco de aceite nunha tarteira e engadir os talos de allo picados, remexer 2 minutos a lume suave.
  2. Engadir as espinacas en anacos, remexer e deixar cociñar ata que perdan toda a auga.
  3. Disolver a maizena nun pouco de leite frío.
  4. Cando as espinacas perdan toda a auga engadir o leite, cando empece a ferver engadir a maizena disolta en leite, remexer ata que espese un pouco.
  5. Engadir a o sal, pementa negra e a noz moscada ao gusto.

Montaxe
  1. Acender o forno a 180ºC.
  2. Meter no forno o molde forrado coa masa poñendo enriba algún peso para que non suba. Deixalo 15 minutos.
  3. Sacar o molde do forno e botar a crema no molde. 
  4. Botar por enriba da crema o queixo relado e os piñóns, volver a meter no forno a 180ºC ,ata que a queixo estea torrado.






Receita en castelán

Dificultade: Fácil.
Tempo aproximado: 1 hora.