Solombo de porco asado moi lento con vinagre balsámico

Ingredientes:

1/2 kg de solombo de porco, 125 g de caldo de carne, 30 g de azucre , 60 g de vinagre balsámico, 1 culler de salsa de soia, 1 culleriña de sal, 1/4 de culleriña de pementa vermella, 2 dentes de allo prensados, 2 cenorias medianas cortadas en bastóns.






Elaboración:

  1. Poñer todos os ingredientes nunha tarteira ao lume máis baixo posible. Deixar que se cociñe durante 6 horas, aproximadamente, dando voltas á carne de vez en cando.
  2. A carne está feita cando pode abrirse cun garfo.
  3. Cando a carne estea feita retirala da tarteira e reducir un pouco a salsa, se é necesario, subindo o lume. 
  4. Servir a carne coa salsa as cenorias.



Suxestións:
Pode engadirse ao asado patacas novas pequenas, ou servirse a carne con puré de patacas.

Dificultade: Facilísima.
Tempo aproximado: 7 horas.

Comentarios