Roliños de ventresca de bonito e algas wakame

Ingredientes:

10 obleas pequenas de arroz, 1 lata de ventresca de bonito en aceite, 4 pementos do "piquillo", 1 presa de algas wakame secas, 1 cebola mediana, 2 culleres de salsa de soia, aceite de oliva virxe extra.




Elaboración:

  1. Poñer as algas a remollo seguindo as instrucións do envase.
  2. Cortar a cebola en xuliana e pochala nunha tixola cun pouco de aceite.
  3. Cando a cebola estea case feita engadir os pementos cortados en tiras.
  4. Engadir as algas cando estean ben hidratadas.
  5. Deixar facer ao lume lento.
  6. Engadir a salsa de soia e subir o lume, remexer e retirar do lume.
  7. Poñer unha oblea de arroz a remollo, cando estea ben hidratada estendela sobre un pano húmido.
  8. Poñer enriba da oblea unha culler de cebola pemento e algas e un anaco de ventresca.
  9. Envolver o rolo.
  10. Repetir o paso anterior co resto de obleas. Mentres se fai un rolo poñer outra oblea a hidratar.


Suxestión: servir son salsa agredoce

Dificultade: Facilísima.
Tempo aproximado: 45 minutos.

Comentarios