Pan xaponés de leite

Ingredientes:

*Para o roux: 48 g de  fariña sen gluten (Schär, Mix C), 250 g de auga.

Para o pan: 420 g de fariña sen gluten (Schär, Mix C), 1 e 1/2 culleriña de gama xantana, 1/4 de culleriña de lévedo químico, 48 g de azucre, 2 e 1/2 culleriñas de lévedo seco, 1/2 culleriña de sal, 1 culleriña de vinagre de mazá (ou outro suave), 1 ovo grande, 1 clara de ovo grande, 250 g de leite quente a menos de 36ºC, 4 culleres de manteiga líquida arrefriada, 140 g de roux.



* Utilizando un molde de 9 cm saen tres bolos.

Elaboración:

O roux
  1. Mesturar a fariña e a auga e poñer a quentar nun cazo sen parar de remexer.
  2. Cando espese retirar do lume e deixar arrefriar.

O pan
  1. Forrar un molde metálico de pan, con papel de forno
  2. Mesturar todos os ingredientes secos.
  3. Engadir o vinagre, o ovo, a clara de ovo, o leite, a manteiga e o roux, coa batedora a velocidade baixa, mesturar ben cada ingrediente antes de engadir o seguinte.
  4. Cando todo estea ben mesturado subir a velocidade da batedora durante 5 minutos.
  5. Se a masa queda moi húmida engadir un pouco máis de fariña.
  6. Estirar a masa ata ter un grosor de 2cm aproximadamente, cortar en seis anacos.
  7. Cada anaco estiralo como un disco ovalado do ancho do molde, ata ter un grosor de 1cm aproximadamente.
  8. Enrolar o disco e poñelo no molde sen apertar.
  9. Encher o molde cos discos enrolados sen apertalos. Mellor que quede un espazo baleiro no molde que que a masa quede apertada.
  10. Mollar un pano de cociña e quentalo no microndas.
  11. Meter o molde no microondas e poñerlle ao redor o pano quente, pechar o microndas e deixar repousar ata que a masa aumente o seu volume. Non hai que acender o microndas.
  12. Mentres a masa sube acender o forno a 180ºC.
  13. Cando a masa estea léveda meter no forno durante 20 minutos, ata que o pan estea lixeiramente dourado.
  14. Sacar o pan do molde e volvelo a meter no forno outros 10 minutos.
  15. Sacalo do forno e deixar arrefriar antes de cortalo.





Adaptado de Gluten free on a shoestring

Receita en castelán.

Dificultade: Media.
Tempo aproximado: 2 horas e media.

Comentarios