Madalenas de manteiga de vaca cocida.

Ingredientes*:

200 g de fariña sen glute Adpan, 125 g de azucre, 2 ovos, 125 g de manteiga cocida**, 75 g de leite evaporado, 16 g de lévedo químico.
*Para unhas 8 madalenas grandes.
** En Galicia é moi fácil de atopar, pode substituirse por manteiga normal, aínda que o sabor non é igual.




Elaboración:


  1. Acender o forno a 220ºC.
  2. Derreter a manteiga e reservar para que arrefríe un pouco.
  3. Bater os ovos e o azucre ata ter unha crema branquecina e escumosa.
  4. Engadir o leite evaporado e a manteiga líquida ao fío, batendo lentamente.
  5. Engadir a fariña e o lévedo pouco a pouco e seguir batendo lentamente. 
  6. Bater rápido unha vez engadida toda a fariña.
  7. Pasar a mestura aos moldes de papel enchéndoos ata 3/4 partes. Colocar os moldes de papel nun molde ríxido para que non se abran co peso da masa.
  8. Baixar o forno a 180ºC e meter as madalenas, deixalas cocer durante 20 minutos.



Dificultade: Media.
Tempo aproximado: 45 minutos.

Receita en castelán.

Comentarios