Galletas salgadas

Ingredientes:

Para unhas 36 galletas
175 g de fariña sen glute (Adpan repostaría), 140 g fariña milla, 1 culleriña de lévedo químico, 1/2 culleriña de sal, 40 g de queixo parmesano relado, 50 g de manteiga, 140 g de leite enteiro.




Elaboración:

  1. Acender o forno a 180ºC.
  2. Mesturar as fariñas, o sal, o queixo e o lévedo químico.
  3. Fundir a manteiga e deixar arrefriar.
  4. Poñer na batedora os ingredientes sólidos e engadir a manteiga, amasar.
  5. Engadir aos poucos o leite ata que a masa se separe das paredes da batedora.
  6. Estirar a masa entre dous papeis de forno e cortar ao gusto.
  7. Cun escarvadentes facer catro buratos en cada galleta.
  8. Untar as galletas con manteiga e botarlles un pouco de sal por enriba.
  9. Meter a galletas no forno uns 15 minutos.


Dificultade: Media
Tempo: 1 hora

Receita en castelán

Comentarios