Caldo de vexetais con quinoa

Ingredientes:

2 patacas medianas, 2 cenorias, 2 allos porros medianos, media cabaza pequena, 1 presa de xudías, 4 ou 5 flores  de brócoli, 1 presa de quinoa, 1 litro de caldo de verduras, sal, pementa negra moída, aceite de oliva virxe.





Elaboración:


  1. Pelar e cortar en dados as patacas, as cenorias e a cabaza.
  2. Pelar e cortar en aros os allos porros.
  3. Cortar as flores pequenas de brócoli.
  4. Poñer nunha tarteira un pouco de aceite e engadir o allo porro, cando comece a estar transparente engadir o resto das verduras excepto o brócoli e a quinoa. Remexer.
  5. Engadir o caldo e se é necesario un pouco de auga, deixar cocer as verduras ao lume lento.
  6. Cando as verduras estean case cocidas engadir as flores de brocoli.
  7. Engadir a pementa ao gusto e rectificar de sal.



Dificultade: Facilísima
Tempo aproximado: 45 minutos.

Comentarios