Pizza de queixo do Cebreiro e figos

Ingredientes:

1 base de pizza sen glute (ou facer a masa) , 1 cebola media, queixo do Cebreiro, 4 figos frescos, redución de Modena, 1 presa de rúcula, aceite virxen extra.




Elaboración:

  1. Acender o forno a 200ºC
  2. Picar a cebola e pochala, sen que colla moita cor,con moi pouco aceite.
  3. Cando a cebola estea pochada estendela sobre a base de pizza.
  4. Colocar por enriba anacos de queixo do Cebreiro e metela ao forno ata que estea a masa torrada e o queixo colla cor.
  5. Sacar do forno e poñer por enriba as follas de rúcula e os figos cortados en cuartos.
  6. Botar por enriba a redución de Módena e servir.

Dificultade: Fácil.
Tempo aproximado: 50 minutos.

Receita en castelán.

Comentarios