Pastel de verduras e quinoa

Ingredientes:

125 g de quinoa real, 375 g de auga, 4 pementos do piquillo, 2 cenorias, 1 cebola pequena, 3 ovos, 125 g de leite evaporado, sal, pementa negra moída, aceite de oliva virxe extra.




Elaboración:

  1. Poñer a quinoa a cocer nun cazo coa auga e un pouco de sal. Cando estea cocida deixar que arrefríe un pouco Reservar.
  2. Picar todas as verduras e poñelas nunha tixola cun pouco de aceite ao lume suave. Cando a cebola estea transparente retirar a tixola do lume e deixar que as verduras arrefríen un pouco.
  3. Acender o forno a 180ºC poñendo auga na bandexa, para facer o pastel ao baño María.
  4. Bater os ovos engadir o leite, un pouco de sal e pementa moída.
  5. Engadir a quinoa e as verduras remexer e pasar a mestura a un molde.
  6. Meter no forno uns 35 minutos, comprobar que está feito pinchando cun coitelo, se sae limpo é que xa está.
  7. Deixar arrefriar antes de sacar do molde.



Dificultade: Fácil.
Tempo aproximado: 1 hora

Receita en castelán

Comentarios