Pan sen glute fácil, en Pyrex

Ingredientes:

250 g de fariña Schär (Mix Pan), 250 g de fariña Beiker mix panificable, 100 g de mestura de fariñas*: 20 g de fariña de millo, 40 g de trigo sarraceno, 40 g de amidón de mandioca agre, 6 g de lévedo seco,1 sobre dobre de gasificantes ( 3,3 g de bicarbonato de sodio e 2,2 g de mestura de ácido málico e ácido tartárico) , 1 culler de vinagre,430 g de auga, a puntiña dunha culleriña de goma xantana,unha culleriña de sal.




*Poden utilizarse outras fariñas


Elaboración:

  1. Disolvemos o lévedo nun pouco de auga tépeda (que non supere os 36ºC), engadimos un pouquiño de fariña e deixamos que repouse ata que se forme escuma. 
  2. Quentamos o resto da auga e o vinagre por debaixo dos 36ºC. 
  3. Mesturamos todas as fariñas os gasificantes, o sal e a goma xantana. 
  4. Poñemos todo na amasadora e engadimos a auga e o vinagre tépedo. 
  5. Botamos por enriba o lévedo e mesturamos ata ter unha masa homoxénea.
  6. Estendemos un pouco de aceite no recipiente de Pyrex. 
  7. Sacamos a masa da amasadora coas máns untadas de aceite.
  8. Collemos a masa coas máns e a deixamos caer sobre o recipiente Pyrex, repetimos isto durante 3 minutos. 
  9. Dámoslle forma de bóla á masa e poñemos a tapa do recipiente Pyrex. 
  10. Metemos no forno frío e acendemos arriba e abaixo a 190º C, cando o pan empece a coller cor subimos a 200ºC.
  11. Cando o pan xa estea torrado apagamos o forno e o deixamos dentro uns 20 minutos. Sacamos a pan do forno e deixamos que arrefríe totalmente.



Adaptación da receita de "Cocina fácil sin gluten"

Dificultade: Fácil.
Tempo aproximado: 2 horas



Comentarios