Gazpacho de sandía

Ingredientes:

4 tomates maduros, 300 g de sandía, 200 g de cabaciña, 100 g de cogombro, medio dente de allo, unhas follas de albahaca, aceite de oliva virxe extra, vinagre de Xeréz, sal.




Elaboración:


  1. Acender o forno a 150ºC.
  2. Meter no forno os tomates co dente de allo picado e as follas de albahaca tamén picadas e un pouco de aceite.
  3. Deixar que se fagan lentamente durante 1 hora e media.
  4. Sacar os tomates de forno, deixar arrefriar e quitarlles a pel.
  5. Cortar  a sandía, a cabaciña e o cogombro e poñelos nun recipiente xunto cos tomates pelados, engadir un pouco de auga e deixar repousar na neveira 1 hora.
  6. Triturar todo e engadir aceite, vinagre e sal ao gusto.



Dificultade: Facilísima.
Tempo de elaboración: 3 horas (incluído o tempo de forno e repouso)

Comentarios