Boliñas de biscoito de coco e xenxibre

Ingredientes:

80 g de iogur natural, 40 g de aceite de xirasol, 70 g de azucre, 1 ovo, 95 g de fariña sen glute Adpan, 35 g de coco relado,  1  culleriña de xenxibre en po , 1 e 1/2 culleriña de lévedo químico, 130 g de chocolate se glute, 15 g de nata, 45 g de manteiga, coco relato para adornar. 
Utensilios: Molde de Cake pops.




Elaboración:

  1. Acender o forno a 190ºC
  2. Bater o iogur, aceite, azucre e ovo.
  3. Engadir a fariña, o lévedo, o coco e o xenxibre, mesturar ata ter unha masa homoxénea.
  4. Encher as semiesferas da base do molde, encaixar a tapa e meter no forno 15 minutos.
  5. Sacar do forno e deixar arrefriar un pouco antes de sacar do molde.
  6. Derreter o chocolate coa manteiga e a nata.
  7. Bañar as boliñas de biscoito no chocolate e deixalas arrefriar na neveira.
  8. Decorar con coco relado.



Dificultade: Fácil
Tempo aproximado: 1 hora

Receita en castelán