Ingredientes:
Para a masa: 200 g de fariña sen glute, 100 g de manteiga fría, 1 ovo.Para o recheo: 2 allos-porros, 4 ovos, 100 ml de nata líquida, 100 g de queixo parmesano relado, 2 ou 3 talladas de xamón.
Elaboración:
Para a masa:
- Poner na batedora a fariña e a manteiga cortada en dadiños, bater ata que a mestura quede como area, engadir o ovo e seguir batendo ata que estea incorporado.
- Facer unha bóla coa masa e gardar na neveira polo menos 2 horas.
- Acender o forno a 180ºC
- Cubrir un molde duns 20 cm coa masa, poñer enriba un papel do forno e fabas ou garavanzos.
- Meter no forno durante 20 minutos.
- Sacar e reservar.
Recheo:
- Picar os allos porro moi picadiños, poñelos nunha tixola cun pouco de aceite e deixar cociñar ao lume moi suave.
- Retirar cando empecen a coller cor.
- Acender o forno a 180ºC.
- Bater os ovos, engadir a nata,mesturar.
- Engadir aos ovos e a nata o allo-porro e o queixo relado.
- Botar a mestura na tartaleta feita coa masa.
- Meter no forno durante 25 minutos.
- Aos 15 minutos abrir o forno e botar por enriba do pastel o xamón moi picadiño.
Dificultade: Media.
Tempo aproximado: 1 hora e 30 minutos + o repouso da masa (a masa pode facerse o día anterior).
Comentarios
Publicar un comentario
Encantaríame saber a túa opinión