Nubes de augardente de laranxa

Ingredientes:

1 clara de ovo, 320 g de azucre, 30 g de glicosa en po, 8 follas de xelatina, 70 g de auga, 30 ml de augardente de laranxa, mestura de maizena e azucre glass a partes iguais.




Elaboración:


  1. Poñer a xelatina en auga para que se abrande.
  2. Poñer nun cazo o azucre, a glicosa e a auga, quentar ata que a mestura acade os 130ºC.
  3. Mentres montar a clara de ovo na batedora a alta velocidade.
  4. Cando as claras estean montadas ir engadindo o xarope sen deixar de bater ata obter un merengue italiano.
  5. Escorregar a xelatina e quentala no microondas 15 segundos, ata que funda.
  6. Engadir a xelatina fundida ao merengue sen deixar de bater.
  7. Engadir o licor sen deixar de bater.
  8. Seguir batendo ata que a masa estea fría.
  9. Nun molde de aproximadamente 20x20 cm botar unha fina capa da mestura de maizena e azucre glass, botar enriba a masa alisándoa. Botar por enriba da masa outra capa fina de maizena e azucre glass.
  10. Deixar secar, mellor ata o día seguinte.
  11. Cortar a masa en anacos ao gusto usando un coitelo quente.



Baseado na receita de i-recetas

Dificultade: media
Tempo aproximado: 1 hora.