Ingredientes:
Saen unhas 18.Para a masa: 350 g de fariña sen glute Schär (mix pan), 3 ovos, 50 de manteiga, 50 g de auga, 7 g de lévedo seco, un pouco de sal.
Para o recheo: 1 cebola grande, 6 pementos do piquillo ou morróns, unha presa de olivas sen oso, 150 g bonito en conserva, azafrán.
Elaboración:
Masa:- Quentar un pouco a auga, sen pasar dos 36ºC, engadir o lévedo, un chisco de fariña e un chisco de azucre, deixar repousar ata que se faga escuma.
- Poñer na amasadora todos os ingredientes, amasar ata ter unha bóla que se separa das paredes do recipiente.
- Cubrir a masa cun pano húmido e deixar levedar nun lugar morno.
Recheo:
- Pelar e picar a cebola en anacos máis ben pequenos.
- Poñer a cebola nunha tixola con aceite e pochar a lume suave.
- Cando a cebola estea case feita engadir os pementos picados e as olivas picadas.
- Unha vez feitos a cebola e os pementos engadir o azafrán e o bonito esmiuzado, remexer, apagar o lume e deixar a tixola enriba.
Montaxe:
- Coller anacos de masa de aproximadamente 50 g, estirar a masa. Cortar, axudándose dunha taza*, un círculo duns 11 cm de diámetro.
- Colocar no centro do círculo un pouco de recheo, dobrar a masa para pechar a empanadilla axudándose dun garfo.
- Repetir os pasos anteriores ata rematar o recheo.
*Existen moldes que facilitan a montaxe das empanadillas.
Dificultade: Media
Tempo aproximado: 2 horas
Comentarios
Publicar un comentario
Encantaríame saber a túa opinión