xoves, 8 de agosto de 2013

Case empanada de xoubiñas

Ingredientes:

1 lámina de masa milfollas sen glute, 1 ducia de xoubiñas limpas sen espiña, 1 cebola mediana, 1 pemento morrón pequeno asado, sal, aceite de oliva virxe extra.





Elaboración:


  1. Cortar a cebola en xuliana, poñela na tixola cun pouco de aceite e deixar facer a lume suave.
  2. Cando a cebola estea feita engadir á tixola o pemento cortado en anacos pequenos. Deixar que se faga lentamente e botar sal.
  3. Acender o forno a 180ºC.
  4. Meter a lámina de masa no forno ata que empece a coller cor.
  5. Sacar a masa do forno, colocar enriba as xoubas abertas e botar por enriba a cebola e o pemento escorregados de aceite.
  6. Volver a meter no forno ata que a masa termine de facerse.




Dificultade: Facilísima.
Tempo aproximado: 40 minutos.