Arroz cremoso de cabaciña

Ingredientes:

Arroz (100 g por persoa),200 g de cabaciña por persoa,allo, queixo emmental relado, pementa negra moída, sal, aceite de oliva virxe extra, caldo de verduras ou auga.





Elaboración:


  1. Relar a cabaciña sen pelar, reservar.
  2. Picar os dentes de allo e poñelos, a quentar, nunha tarteira cun pouco de aceite. Cando os allos empecen a saltar engadir a cabaciña relada e remexer, deixar facer un par de minutos.
  3. Engadir o arroz, remexer.
  4. Engadir o caldo de verduras quente e remexer.
  5. Ir engadindo caldo de verduras ou auga quente ata que o arroz estea feito, remexer con frecuencia.
  6. Cando o arroz estea feito engadir o sal, a pementa e o queixo, remexer e servir.





Dificultade: facilísima.
Tempo aproximado: 30 minutos.

Comentarios