Gazpacho de cabaciña e herbaboa

Ingredientes:

2 cabaciñas, 1 cebola, 2 polas de herbaboa, sal, aceite virxe extra, vinagre, pementa negra moída.




Elaboración:


  1. Pelar a cebola en cortala en catro anacos, cortar as cabaciñas en anacos  de 4 cm de grosor, aproximadamente.
  2. Poñer nunha tarteira as cabaciñas, a cebola e unha pola de herbaboa, engadir auga sen cubrir as verduras, engadir sal. Poñer ao lume.
  3. Cando as verduras estean ao dente apagar o lume e retirar a herbaboa. Engadir outra pola de herbaboa e deixar que arrefrien.
  4. Retirar a herbaboa e pasar pola batedora, engadir aceite, vinagre e pementa ao gusto, rectificar de sal.


Dificultade: facilísima.
Tempo aproximado: 30 minutos.

Comentarios