domingo, 2 de xuño de 2013

Pastel de millo doce ou elote sen glute

Ingredientes:

4 ovos, 500 g de millo doce (en conserva ou conxelado), 100 g de preparado sen glute de repostaría (Adpan), 8 g de lévedo químico sen glute, 125 g de manteiga, 400 g de leite condensado.




Elaboración:


  1. Acender o forno a 180ºC.
  2. Poñer no vaso da batedora os ovos e o leite, mesturar.
  3. Fundir a manteiga no microondas e engadir a mestura anterior, bater.
  4. Engadir 3/4 partes do millo á batedora e bater ata que o millo se desfaga.
  5. Engadir o preparado de repostaría e o lévedo, bater ata que estean ben incorporados.
  6. Engadir o resto do millo para que quede enteiro.
  7. Pasar a masa a un molde desmontable, mellor de silicona.
  8. Meter no forno durante 40-45 minutos.
  9. Sacar do forno e deixar arrefriar completamente antes de sacar do molde.




Suxestión: pode servirse cunha crema feita mesturando leite condensado con augardente tostada ao gusto.

Dificultade: Fácil.
Tempo aproximado: 1 hora.