Ensalada de fabas e salmón afumado

Ingredientes:

Fabas cocidas, salmón afumado, chícharos cocidos, follas de espinaca cruas, puntas de espárragos trigueiros, 1 cebola fresca, 1ovo, aceite de oliva virxe extra, vinagre de Xerez.





Elaboración:


  1. Cocer o ovo e picalo.
  2. Picar a cebola. Mesturar a cebola picada e o ovo cocido picado.
  3. Engadir o vinagre e o aceite ao gusto, remexer e reservar esta vinagreta.
  4. Escaladar as puntas de espárragos durante 1 minuto en auga fervendo, pasalos a auga fría. Reservar.
  5. Picar o salmón afumado.
  6. Mesturar as fabas, os chícharos, as follas de espinacas cortadas en tiras, e o salmón picado. Regar coa vinagreta e poñer por enriba as puntas de espárragos.



Dificultade: Facilísima.
Tempo aproximado: 30 minutos.