Salpicón tropical de polbo

Ingredientes

2 tentáculos de polbo cocidos, 1 cebola pequena, catro fresas, medio pemento italiano, medio pemento morrón asado, 1 ovo, medio mango, dúas culleres de vinagre de Xerez, 8 culleres de aceite de oliva virxe extra variedade arbequina, sal Maldon.




Elaboración:


  1. Cocer o ovo.
  2. Cortar os tentáculos de polbo en anacos máis ben finos.
  3. Cortar as fresas, o mango e o pemento morrón en anacos pequenos.
  4. Picar a cebola e o pemento italiano moi fino.
  5. Picar o ovo cocido moi fino.
  6. Mesturar a cebola, o pemento italiano, o ovo cocido, o vinagre e o aceite. Remexer.
  7. Poñer nunha fonte os anacos de polbo botarlle sal maldon ao gusto. Repartir por enriba as fresas, o mango e o pemento morrón.
  8. Regar o prato coa vinagreta de cebola, pemento e ovo.





Dificultade: Facilísima.
Tempo aproximado: 20 minutos.

Comentarios