Roliños de mozzarella e pesto vermello

Ingredientes:

Para as filloas: 1 ovo, 50 g de fariña sen glute (Adpan), 75 g de leite, 60 g de auga, un pouquiño de manteiga para untar a filloeira.
Para o pesto: 12 tomates secos en aceite, 15 g de piñóns, 2 g de albahaca fresca, 15 g de queixo parmesano relado, guindilla ao gusto, 60 g de aceite de oliva virxe extra, un pouquiño de azucre, sal ao gusto.
Ademais: Una bola de queixo mozzarella.



Elaboración:


  • Para as filloas:
  1. Bater o ovo, engadir a fariña e remexer ben, engadir o leite, a auga e o azucre, remexer ben. Se queda algún grumo coar a mestura.
  2. Poñer ao lume a filloeira, untar cun pouquiño de manteiga.
  3. Cando a filloeira estea ben quente botar un pouquiño da mestura inclinándoa para que a filloa quede fina.
  4. Cando os bordos da filloa empezan a coller cor, dar volta deixar uns segundos e pasar a filloa a un prato.
  5. Repetir ata terminar a mestura.

  • Para o pesto:
  1. Poñer no vaso da batedora os tomates, a metade do aceite, a guindilla o sal, o azucre, os piñóns e a albahac, bater.
  2. Engadir o aceite necesario segundo a textura preferida.
  3. Engadir o queixo e mesturar ben, engadir un pouco de aceite se é necesario.


  • Montaxe:
  1. Untar o pesto na filloa, poñer por enriba a mozzarella cortada moi fina.
  2. Enrolar. Cortar as puntas do rolo.
  3. Cortar o rolo en anacos ao gusto.


Receita do pesto vermello recollida en "Gastronomía y cía"

Dificultade: Facilísima.
Tempo aproximado: 45 minutos

Comentarios