Mousse de amorodos

Ingredientes:

250 g de amorodos, 200 g de nata para montar (35% de materia graxa), 60 g de azucre, 1,2 g de láminas de xelatina, 4 follas de menta fresca.




Elaboración:


  1. Lavar os amorodos e cortalos en anacos pequenos.
  2. Poñer a xelatina a remollo en auga.
  3. Poñer os amorodos e o azucre ao lume e cocer durante 10 minutos, aplastalos cun garfo, quedarán como un puré.
  4. Montar a nata.
  5. Cando os amorodos estean feitos, escorregar a xelatina e poñela no microondas uns 20 s ata que estea líquida.
  6. Mesturar a xelatina e o puré de amorodos.
  7. Picar a menta e engadila ao puré de amorodos.
  8. Mesturar a nata e o puré.
  9. Repartir en vasiños e meter á neveira polo menos tres horas.



Recollida en Directo al paladar Dificultade: Facilísima.
Tempo aproximado: 30 minutos+3 horas de repouso na neveira.

Comentarios