Lasaña de espinacas e salmón afumado

Ingredientes:

4 placas de lasaña sen glute, 300 g de espinacas, un pouco de nata, un ovo, salmón afumado ao gusto, unha presa de piñóns, unha presa de uvas pasas, unha folla de loureiro, un dente de allo, pementa negra moída, noz moscada, queixo parmesano relado, sal, aceite de oliva virxe extra, dous vasos de leite, dúas culleres de manteiga, media culler de maizena.




Elaboración:


  1. Picar moi fino o dente de allo, poñelo xunto cun anaco de folla de loureiro nunha tarteira cun pouco de aceite, engadir os piñóns e as uvas pasas.
  2. Cando os piñóns empecen a coller cor engadir as espinacas cortadas en tiras. Remexer. No facer demasiado as espinacas.
  3. Engadir salmón afumado ao gusto cortado en anacos pequenos.
  4. Engadir un pouquiño de nata, pementa negra e noz moscada relada. Retirar o loureiro.
  5. Engadir un ovo batido e dúas culleres de queixo parmesano relado. Remexer e retirar do lume.
  6. Cocer as placas de lasaña.
  7. Poñer nunha fonte, que poida ir ao forno, dúas placas de lasaña, estender por enriba as espinacas e tapar coas outras dúas placas de lasaña.
  8. Nun pouco do leite disolver a maizena.
  9. Poñer o resto do leite a quentar coa manteiga, un anaco da folla de loureiro, sal, e pementa.
  10. Cando o leite comece a ferver engadir a maizena disolta, remexer ata que espese un pouco a bechamel.
  11. Botar a bechamel por enriba da lasaña.
  12. Poñer anaquiños de salmón afumado e queixo relado por enriba.
  13. Meter ao forno a 150ºC ata que colla cor por enriba.




Dificultade: Media.
Tempo aproximado: 1 hora.

Comentarios