Chocos guisados con patacas e chícharos

Ingredientes:

500 g de chocos limpos e cortados, 2 patacas medianas, 1 cebola, 1 pemento morrón asado, unha presa de chícharos frescos debullados, medio vaso de viño branco, azafrán, sal, aceite de oliva virxe extra.





Elaboración:


  1. Cortar a cebola en pluma e poñela nunha tarteira ao lume suave cun pouco de aceite.
  2. Cando a cebola estea transparente engadir o pemento cortado e deixar cociñar un pouco.
  3. Engadir os chocos e o viño branco, remexer.
  4. Engadir auga suficiente para cubrir os chocos e deixar cociñar ao lume lento.
  5. Aos 20 minutos máis ou menos engadir as patacas cortadas en anacos e os chícharos. Engadir un pouco máis de auga se é necesario.
  6. Deixar cocer ao lume suave remexendo de vez en cando.
  7. Cando as patacas xa estean feitas engadir o azafrán e o sal ao gusto. Deixar cocer uns cinco minutos máis remexendo cada pouco.



Dificultade: Fácil.
Tempo aproximado: 1 hora e 30 minutos.

Comentarios

  1. Facil e sencillo e ademais con patatas que guisadas gustanme moito

    un saudiño

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Encantaríame saber a túa opinión