Boliñas de patacas e verduras

Ingredientes:

500 g de patacas, 2 cenorias, unha presa de xudías, sal, aceite de oliva virxe extra, leite evaporado, queixo parmesano relado. Para envolver: pan relado sen glute, 1 ovo, polenta sen glute, queixo parmesano relado. Saen unhas 24 boliñas.





Elaboración:


  1. Pelar as patacas, as cenorias e limpar as xudías.
  2. Poñer a cocer todo en auga abundante con sal.
  3. Cando as verduras e as patacas estean cocidas, separar as patacas e esmagalas cun garfo.
  4. Cortar as cenorias e as xudías en anacos pequenos.
  5. Engadir as patacas esmagadas un pouquiño de aceite e un pouquiño de leite evaporado, remexer ata obter como unha masa.
  6. Engadir á "masa" de patacas os anaquiños de cenorias e xudías. Remexer.
  7. Engadir unha culler sopeira de queixo relado. Remexer.
  8. Formar unhas boliñas coas mans. 
  9. Mesturar a polenta cun pouco de queixo parmesano.
  10. Pasar as boliñas por pan relado ovo e polenta mesturada co queixo.
  11. Fritir as boliñas en abundante aceite ben quente.



Suxestións: servir as boliñas como entrantes acompañadas de salsa de soia, servir as boliñas como guarnición de carne ou peixe.

Dificultade Fácil.
Tempo aproximado: 1 hora.