Biscoito de manteiga

Ingredientes

4 ovos, 130 g de manteiga a temperatura ambiente, 265 g de azucre, 135 g de nata, 215 g de fariña Adpan sen glute, media culleriña de sal, 2 culleriñas de lévedo de repostaría.





Elaboración:


  1. Acender o forno a 180ºC.
  2. Mesturar a manteiga e o azucre ata obter unha crema.
  3. Engadir os ovos un a un , sen engadir o seguinte ata que o anterior non estea incorporado.
  4. Bater forte a mestura coa batedora.
  5. Engadir a metade da fariña e o lévedo.
  6. Engadir a nata e o resto da fariña.
  7. Pasar a masa a un molde. e meter no forno durante 40 minutos aproximadamente.  Antes de sacalo pínchao para comprobar que está feito.



Dificultade: Fácil.
Tempo aproximado: 1 hora

Comentarios

  1. con un chocolatiño quente un almorzo pra empezar o dia bem espabilado (0 galago academico non e o meo forte jeje)
    un saludiño

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Encantaríame saber a túa opinión