Barriñas de froitos secos

Ingredientes:

300 g de dátiles Medjool sen pebida, 130 g de pexegos secos, 100 g de améndoas tostadas sen sal, 100 g de anacardos sen sal.




Elaboración:


  1. Pasar pola picadora as améndoas e os anacardos, deixar que queden algúns anacos grandes.
  2. Poñer na picadora os pexegos e os dátiles, triturar, se se forma unha bóla, parar, desfacer a bóla e seguir picando ata ter unha pasta.
  3. Mesturar a pasta de dátiles e pexegos coas améndoas e os anacardos picados.
  4. Estender formado unha capa nun molde.
  5. Meter o molde no conxelador 45 minutos.
  6. Sacar do conxelador e cun coitelo moi afiado cortar en anacos.
  7. Envolver cada anaco en flim e gardar na neveira.





Suxestión: Para levar a calquera lugar por si tes fame.


Dificultade: Fácil.
Tempo aproximado: 30 minutos + o repouso no conxelador.

Comentarios