Alcachofas mariñadas en aceite de oliva

Ingredientes:

12 alcachofas pequenas, 2 dentes de allo, 2 follas de loureiro, unha culler de pementa negra, 2 culleriñas de sal, 600 g de auga, 200 g de vinagre branco de mazá, 1 limón, aceite de oliva virxe extra variedade Arbequina.





Elaboración:


  1. Limpar as alcachofas quitándolles as follas máis duras ata quedar co corazón.
  2. Relar a pel do limón, espremer o zume de limón.
  3. Poñer nunha tarteira todos os ingredientes.
  4. Levar a ebulición e deixar cocer as alcachofas durante 10 ou 15 minutos, teñen que quedar ao dente.
  5. Ferver uns botes de cristal para gardar as alcachofas.
  6. Meter as alcachofas, aínda quentes, nos botes.
  7. Encher os botes de aceite de oliva virxe extra variedade Arbequina.
  8. Pechar os botes ao baleiro ou gardar na neveira.
  9. Consumir despois de cinco días.



Suxestións: Para engadir ás ensaladas ou tomar como aperitivo.

Dificultade: Facilísima.
Tempo aproximado: 30 minutos.

Comentarios