Ingredientes:
Uns toros de peixe san martiño, dous por persoa, tirabeques, dous dentes de allo, unha presa de xamón picado, aceite de oliva virxe extra, sal.Elaboración:
- Salgar o peixe un par de horas antes de facelo.
- Poñer auga a ferver e escaldar os tirabeques durante 2 minutos, logo pasalos a un recipiente con auga moi fría. Reservar.
- Poñer nunha tixola un pouco de aceite e dourar os dentes de allo cortados en láminas.
- Engadir á tixola o xamón picado. Deixar facer un pouco e engadir os tirabeques ben escorregados.
- Facer todo a lume suave uns minutos ata que os tirabeques collan calor.
- Facer o peixe á prancha ou nunha tixola con moi pouco aceite.
Dificultade: Facilísima.
Tempo aproximado: 30 minutos.
Comentarios
Publicar un comentario
Encantaríame saber a túa opinión