Polo ao curry en milfollas

Ingredientes:

Unha lámina de pasta milfollas, unha peituga de polo, non moi grande, enteira, un allo porro, dúas cenorias, dúas cebolas, unha presa de piñóns,curry, sal, aceite de oliva virxe extra.




Elaboración:


  1. Cortar a lámina da pasta en dous anacos iguais. Un dos anacos pinchalo cun garfo para que non suba. Meter a pasta no forno a 160ºC ata que estea dourada. Reservar.
  2. Cortar a peituga de polo en dados e salgala.
  3. Nunha tarteira poñer un pouco de aceite e engadir as verduras cortadas en xuliana.
  4. Cando as verduras estean feitas engadir o polo.
  5. Torrar os piñóns nunha tixola. Engadilos á tarteira.
  6. Remexer o contido da tarteira. Engadir o curry ao gusto.
  7. Engadir medio vaso de auga e deixar que se reduza.
  8. Poñer o polo e as verduras enriba da masa milfollas que non subiu e tapar co outro anaco.



Dificultade: Facilísima.
Tempo aproximado: 40 minutos

Comentarios