Pasteliños de mousse de tiramisú

Ingredientes:

Para o biscoito: 4 ovos, 150 g de azucre, 100 g de fariña Adpan sen glute.
Para a mousse:250 g de queixo mascarpone, 65 g de azucre, 25 g de auga, 3 xemas de ovo, 65 g de azucre, 25 g de auga, 125 g de nata, 50 g de leite evaporado, 3 follas de xelatina, cacao en po.
Para o baño: 200 ml de café, 100 ml de auga, 125 g de azucre un pouco de brandy.




Elaboración:


Biscoito:



  1. Acender o forno a 160ºC.
  2. Bater os ovos co azucre ata que estean brancos e dobre o seu volume.
  3. Engadir a fariña remexendo con coidado.
  4. Estender a masa nunha fonte de forno cuberta de papel.
  5. Meter no forno uns 15 minutos.
  6. Deixar arrefriar.
  7. Cortar en anacos do tamaño do que se queiran facer os pasteliños.
  8. Mesturar todos os ingredientes do baño.
  9. Mollar os anacos de biscoito co baño.


Mousse de tiramisú:



  1. Poñer a auga e o azucre nun cazo ao lume. Deixar ferver 1 minuto e medio e reitirar. Reservar.
  2. Poñer a remollo as follas de xelatina.
  3. Bater as xemas de ovo, cuando estean branqueadas incorporar o xarope pouco a poco mentres segue baténdose
  4. Escorregar as follas de xelatina e fundilas no microondas uns 15 segundos, incorporalas ás xemas mesturando ben.
  5. Mesturar o queixo mascarpone, o leite evaporado e a nata. Bater todo ata que quede unha mestura semimontada.
  6. Mesturar as xemas co mascarpone.
  7. Deixar repousar na neveira 1 hora.


Montaxe:



  1. Colocar un anaco de biscoito e poñer enriba unha capa xenerosa da mousse colocar outro anaco de biscoito enriba, espolvorear con cacao en po.
  2. Merter na neveira, poden conxelarse.




Recollida e adaptada sen glute en Gastronomía y Cía.


Dificultade: Media.

Tempo aproximado: 2 horas.

Comentarios