Espaguetes sen glute con langostinos e salsa de soia

Ingredientes:

Espaguetes sen glute, langostinos, cebola, pemento verde, salsa de soia sen glute, aceite de oliva virxe extra.





Elaboración:


  1. Cortar a cebola e o pemento en xuliana, poñelos a pochar nunha tixola. Facelos moi lentamente.
  2. Pelar os langostinos. Limpalos cortando ao longo para sacar a tripa. Se son grandes cortalos á metade.
  3. Cando as verduras estean case feitas poñer a quentar auga para cocer a pasta.
  4. Cando a pasta estea cocida engadir os langostinos á tixola saltealos e engadir a salsa de soia.
  5. Servir os langostinos coas verduras por enriba dos espaguetis.





Dificultade: Facilísima.
Tempo aproximado: 30 minutos.

Comentarios