Raia á galega

Ingredientes*:

Patacas, raia, dentes de allo, aceite de oliva virxe extra, sal, pemento doce.
*Cantidades segundo o número de comensais.




Elaboración:


  1. Pelar e cortar as patacas, poñelas a cocer en abundante auga con sal.
  2. Cando as patacas estean cocidas engadir o peixe e deixar ferver ata que estea cocido.
  3. Mentres o peixe coce, poñer ao lume suave,nunha tixola o aceite e os dentes de allo cortados.
  4. Cando os allos empecen a coller cor retirar a tixola do lume e deixar arrefriar.
  5. Cando o aceite con allos estea morno engadir o pemento doce ao gusto.
  6. Sacar o peixe e as patacas a unha fonte e botar por enriba o aceite con allos e pemento doce.


Dificultade: Facilísima.
Tempo aproximado: 40 minutos (o tempo de cocción das patacas dependerá do tipo de pataca, o tempo de cocción do peixe dependerá do grosor do mesmo)


Comentarios