Pizza con sobrasada e vinagreta de mel

Ingedientes:

Para a masa: 
300 g de fariña sen glute Beiker, 40 g de auga tibia e 10 g de lévedo seco, 140 g de auga tibia, 20 g de aceite de oliva virxe extra, 4 g de sal.

Para cubrir: 
5 talladas finas de sobrasada sen glute, 1 ravo pequeno, rúcula, canónigos, queixo, gorgonzola, queixo parmesado relado, queixo emmental relado, unha presa de piñóns, 1 chalota picadiña, 1 culler de mel, 1 culler de vinagre de Xerez, 4 culleres de aceite de oliva vixe extra.




Elaboración:


A masa: 

  1. Disolver o lévedo nos 40 g de auga tibia ( non ten que pasar dos 35ºC), deixar repousar ata que se forme escuma.
  2. Poñer nun recipiente a fariña, e no medio o resto de ingredientes, comezar a mesturar.
  3. Engadir o lévedo disolto cando formou escuma.
  4. Mesturar ben e amasar.
  5. Formar unha bóla e deixar levedar unha hora.
  6. Estirar a masa entre dous papeis do forno e darlle forma de disco.

Recollida en La cocina de Pikerita
Montaxe:

  1. Mesturar a chalota o mel, o vinagre e as catro cullers de aceite. Reservar a vinagreta.
  2. Acender o forno a 200ºC.
  3. Meter a masa no forno pintándoa cun pouco de aceite.
  4. Sacar a masa cando empece a coller cor.
  5. Poñer enriba da masa os canónigos, a sobrasada, anacos de queixo gorgonzola e piñóns.Cotar o ravo moi fino, poñelo por enriba.
  6. Engadir a rúcula e os queixos relados. 
  7. Regar coa vinagreta, reservar un pouco.
  8. Meter outra vez no forno ata que os queixos estean fundidos.
  9. Sacar do forno e regar co resto da vinagreta.




Adaptada sen glute de Gastronomía & Cia

Dificultade: Media.
Tempo aproximado: 1 hora + 1 hora de repouso da masa.

Comentarios