Mexillóns con salsa de tomate picante

Ingredientes:

1 kg de mexillóns frescos, 1 bote de tomate triturado, 1 cebola, 1 dente de allo, 1 ovo, aceite de oliva virxe extra, sal, tabasco.




Elaboración:


  1. Abrir os mexillóns ao vapor, só é necesario poñelos nunha tarteira ao lume suave.
  2. Cocer o ovo.
  3. Poñer nunha tixola a cebola picada, o allo moi picado e o aceite. Pochar a cebola e o allo ao lume suave.
  4. Cando a cebola estea transparente engadir o tomate triturado e un pouco da auga que soltaron os mexillóns remexer e deixar facer a lume suave uns 15 minutos.
  5. Picar moi fino o ovo cocido e engadirllo á salsa de tomate.
  6. Botar unhas pingas de salsa de tabasco á salsa ao gusto.
  7. Limpar os mexillóns e poñelos nunha fonte sobre as cunchas. Botar a salsa por enriba.




Dificultade: Fácil.
Tempo aproximado: 30 minutos.