xoves, 7 de marzo de 2013

Lombo de porco con salsa de mandarinas

Ingredientes:

1 kg de lombo de porco, sal, pementa,fariña sen glute, 4 mandarinas, 1 cebola mediana, 300 g de caldo de polo, 60 g de brandy.






Elaboración:

  1. Acender o forno a 220ºC.
  2. Botar sal e pementa ao lombo. Atalo cun cordel ben apertado.
  3. Pasar o lombo pola fariña.
  4. Poñer unha tixola grande, onde entre todo o lombo, con aceite ao lume forte.
  5. Dourar o lombo por todos os lados. Pasar o lombo a unha fonte de forno.
  6. No mesmo aceite dourar a cebola picada.
  7. Botar por enriba do lombo o aceite, a cebola, o caldo de polo, o brandy e as mandarinas sen nada da parte branca.
  8. Meter no forno durante 60 minutos.
  9. Sacar o lombo do forno, deixalo repousar. Poñer os ingredientes da salsa nun vaso e triturar.
  10. Pasar a salsa a un cazo, rectificar de sal e pementa e quentala para que reduza.
  11. Cortar o lombo en talladas e servir coa salsa ben quente.



Suxestións: Para a guarnición cocer unhas patacas pequenas e logo douralas nunha tixola cun pouco de manteiga. Botarlles perexil picado por enriba.

Adaptada sen glute de Webos fritos.

Dificultade: Fácil.
Tempo aproximado: 1 hora e 30 minutos.