Ingredientes:
200 g de fariña de abelá, 35 g de Maltosec, 50 g de azucre, 50 g de auga, 1 g de sal.Elaboración:
- Acender o forno a 130ºC.
- Mesturar a fariña de abelá o Maltosec e o sal. Remexer ben.
- Para facer o xarope, mesturar a auga e o azucre, quentar un pouco para que o azucre se disolva ben.
- Engadir 65 g do xarope á mestura de fariña e Maltosec. Remexer ata obter unha masa branda.
- Estender a masa entre dous papeis de forno ata ter unha capa moi fina.
- Cortar as galletas cun corta pastas.
- Cubrir as galletas con papel de forno e un tapete de silicona.
- Meter no forno durante 20 minutos.
- Ao sacar do forno deixar arrefriar as galletas.
Recollida en Sosa
Dificultade: Facilísima.
Tempo aproximado: 30 minutos.
Comentarios
Publicar un comentario
Encantaríame saber a túa opinión